sábado, 24 de septiembre de 2011

Ante as agresións, mobilizacións!!! (Publicado no Diario de Ferrol en Xaneiro do 2011))



Dende a chamada á movilización  por parte dos sindicatos  do 29 de Setembro, poidemos vivir en todo o estado, un novo comezo na andaina dunha maquinaria que levaba ben de tempo  durmida, a do Movemento Obreiro. As que deben ser as súas principais rodas, os sindicatos, desinfladas ata entón, comezaron a cobrar forza debido a que o seu motor, os obreiros , non tiñan ganas, nen podían, estar calados por máis tempo. O engrase que durou todo o verán deu alas a pensar de que algo bo pode saír desta crise do capitalismo. A unión entre a clase traballadora , máis necesaria que nunca , quedou demostrada nunha folga xeral que calou moitas bocas, cando as condicións nas que estaban os sindicatos, a moitos, facían pensar que podía ser o vento que tumbase definitivamente os xigantes históricos CCOO e UXT.
A clase traballadora e os movementos sociais progresistas, na súa inmensa maioría, apoiaron a estes, a pesar das críticas que puideron acumularse cara eles ao longo duns anos no que os sindicatos parecían cumplir con  funcións non propias deles e a distancia entre eles e os traballadores nunca foran tan grande.
A principal función duns sindicatos debe ser a defensa e a promoción social da clase traballadora e a ninguén se lle debe olvidar, goberne quen goberne.
Dende os movementos sociais saímos en defensa e apoio aos sindicatos  porque sabemos que sen eles perderíamos o principal valiarte de unión obreira; defendémolos dunha dereita rancia que fala sin complexos de afundilos; defendémolos porque nesta loita que está a comezar o capital está ben armado co control dos medios de comunicación e cos partidos social demócratas ben agarradiños por parte de organismos totalmente   posicionados coma poden ser o Fondo Monetario Internacional; defendémolos  porque eles son os que nos teñen que defender a nos.
Namentres, o  noso goberno, que se autodefine de esquerdas, cede as presións  e toma medidas  neoliberais que non fan máis que cargar contra  a  clase traballadora. Reforma laboral, reforma das pensións, alongamento da idade de traballo, … son medidas á que non nos debemos someter e que sabemos que si cedemos nesta ocasión, vai ser realmente difícil recobrar estes dereitos gañados con tanto esforzo e sacrificio.
A Historia demostra que o avance do pobos e dos seus dereitos lógranse a partires dunha continua loita entre as clases dominantes e  cidadanía. É momento de tensala corda e darlle a volta a unha situación que para moitos xa cobrou tintes dramáticos.
A xaneiro do 2011 esiximos aos nosos interlocutores, os sindicatos, que non renuncien a máis mobilizacións, que se apresuren a convocar unha nova  FOLGA XERAL que faga que os diferentes movementos sociais progresistas se xunten e continuen nunha loita que vai ser longa e máis que dura para manter uns dereitos e recobrar o poder que dende fai tempo perdeu a cidadanía.
As bases pedimos as cabezas sindicais que promovan unha folga xeral e que SEXAN MOVIZACIÓNS UNITARIAS, pois se traballadores e traballadoras somos todos: non debemos perder a nosa forza separados.
Tamén dicir, que confiando nos sindicatos para articular esta loita, os movementos sociais e movementos progresistas debemos articular un Plan B para poder xuntarnos, expresarnos e organizarnos autónomamente. A Esquerda debemos buscar os  “mínimos” onde atoparse e non perderse en guerras internas que non nos levan a ningunha parte.
Polo de pronto: FOLGA XERAL XA!!

1 comentario:

  1. Este artículo podría estar fechado hoy mismo: sigue vigente palabra por palabra, lo que es bueno para el artículo (en cuanto a su vigencia total y absuluta) y malo para todos nosotros, que seguimos a la espera de soluciones que no sean entregarnos, atados de pies y manos, al capitalismo neoliberal salvaje, disfrazado de abuelita...
    Casandra, una vez más, tiene que tirarse de los pelos...Troya somos nosotros, si es que no ponemos remedio a la resistible ascensión de la Derecha...

    ResponderEliminar